Berenguela

Descrición

Aínda que hai constancia do desexo do rei Afonso VII por enterrarse na catedral de Santiago xunto ao seu pai, Raimundo de Borgoña, finalmente, á súa morte en 1157, foi enterrado na catedral de Toledo. En cambio, a súa esposa, Berenguela de Barcelona, falecida en 1149, si sería sepultada en Compostela seguindo, nas súas exequias, o cerimonial disposto polo seu esposo anos antes.
Fronte ao que sucede con outros sepulcros do Panteón Real compostelán, neste caso non hai dúbidas acerca da identidade do personaxe representado. Con todo, este non sería o sepulcro primixenio, pois detalles estilísticos e da propia vestimenta da imaxe xacente, levan esta peza cara ao ano 1230, data da morte do rei Alfonso IX e da constitución oficial do Panteón Real. Con toda probabilidade, nese momento leváronse a cabo obras de adecuación na Capela e, con iso, xunto a outras actuacións, este novo sepulcro que é unha destacada mostra da escultura funeraria do primeiro terzo do século XIII.

Modelo 3D

Vídeo

Privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e cumpre funcións como recoñecerte cando volvas visitar o noso sitio web e axudar ao noso equipo a coñecer que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.