Cristo en Maxestade

Imaxes

Descrición

Mestre da Traizón. Ca. 1100. Granito

Recentemente identificada co primeiro proxecto da fachada de Praterías na que, quizais, non chegou a colocarse, ata un momento indeterminado da primeira metade do século XX, en que esta peza incorporouse aos fondos do Museo Catedral, atopábase situada na crestería da fachada do Tesouro do edificio claustral, onde probablemente colocouse no momento de construción da mesma, no século XVI. Alí chegaría desde unha localización incerta no conxunto catedralicio.
Trátase dunha placa en altorrelevo e na que se representa un Cristo en Maxestade, en actitude de bendicir coa súa man dereita, que leva un libro na esquerda e está coroado por un nimbo crucífero, onde aínda se aprecia a inscrición REX, rodeado por unha mandorla decorada con estrelas e na que conserva a inscrición BENEDICAT NOS DEXTRA DEI DE SEDES MAIESTAS. Cada extremo de lastra decórase, igualmente, cunha estrela.

Modelo 3D

Privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e cumpre funcións como recoñecerte cando volvas visitar o noso sitio web e axudar ao noso equipo a coñecer que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.