Reconvención de Adán e Eva

Imaxes

Descrición

Atr. Mestre da Traizón. Ca. 1100. Granito

Grazas á descrición da fachada do Paraíso que aparece no Códice Calixtino sábese a localización orixinal deste relevo, que facía parella co da Expulsión do Paraíso que foi recolocado na fachada de Praterías. Tras a demolición da fachada, a mediados do século XVIII, a peza estivo un tempo desaparecida, ata o seu achado, a principios do século XX, nunha casa da rúa compostelá de Pitelos. De alí, pasou á formar parte da colección Blanco-Cicerón, ata que os seus herdeiros cedérona ao Museo Catedral.
Representa o momento en que Deus reprende a Adán e Eva polo seu pecado á vez que estes tratan de ocultar a súa nudez; unha pasaxe do Xénese que continuaba, no discurso iconográfico da fachada no citado relevo da Expulsión hoxe situado en Praterías.

Modelo 3D

Privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e cumpre funcións como recoñecerte cando volvas visitar o noso sitio web e axudar ao noso equipo a coñecer que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.