Santiago Peregrino de Geoffroy Coquatrix

Imaxes

Descrición

París, Taller Real, Ca. 1321. Ouro, prata dourada e esmaltes

Trátase, tal e como consta na cartela que a figura porta na súa man esquerda, dunha ofrenda de peregrinación do parisiense Geoffroy Coquatrix, importante personaxe da corte francesa da época e que estaba emparentado con varios monarcas. Foi, precisamente, esta boa situación social e económica, a que lle permitiu ser un dos impulsores da Confraría de Santiago de París e, tamén, poder encargar esta delicada imaxe – relicario nos talleres de pratería da corte. A peza supón un punto de partida na iconografía xacobea, cun Apóstolo que, progresivamente, se irá convertendo en peregrino; neste caso, viste unha sinxela túnica ata os pés e un ancho chapeu ao gusto da época, co báculo, que serve de soporte para a citada inscrición e, na man dereita, un fornelo gótico que contén a reliquia do Santo.

Vídeo

Privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e cumpre funcións como recoñecerte cando volvas visitar o noso sitio web e axudar ao noso equipo a coñecer que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.