Tímpano de Dona Leonor

Imaxes

Descrición

Obradoiro compostelán. Segundo carto do século XIV. Granito policromado

O chamado Tímpano de Dona Leonor, atopábase situado nunha capela próxima á fachada occidental da catedral. Como outros da cidade de Santiago, parte do modelo do que fixo o Mestre Mateo para a portada do trascoro.
Unha inscrición, CAPELLA: DONA: LEONOR, confirma a identidade da doante, fundadora da capela en 1323, que aparece retratada nun lateral acompañada de San Xosé, mentres que no outro lado, aparecen os Reis Magos. No centro, María entronizada co Neno e senllos anxos turiferarios na parte superior.
Tras ser retirada da súa localización orixinal, pasou por varias localizacións na catedral ata a súa integración nos fondos do Museo.

Modelo 3D

Vídeo

Privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e cumpre funcións como recoñecerte cando volvas visitar o noso sitio web e axudar ao noso equipo a coñecer que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.