Abraham

Descrición

Mestre Mateo e o seu taller. Ca. 1200. Granito

Esta imaxe faría parella, probablemente situada a cada lado da porta ao lado norte da fachada exterior do Pórtico da Gloria, coa identificada como Isaac; dous dos patriarcas do Antigo Testamento, pai e fillo, que actuarían como prefiguracións de Cristo. Completarían, deste xeito, a mensaxe precursora da devandita fachada, que enlazaba directamente co interior do propio Pórtico.
Do mesmo xeito que a súa parella e outras esculturas, foi retirada da fachada nos anos 1520 e 1521, quedando, despois, depositadas no veciño Colexio de Fonseca. De alí pasaron ao pazo dos Ximonde en Vedra e, por fin, foron adquiridas polo Concello compostelán en 1948, como queda acreditado polo documento de compra conservado. Con todo, sen que se teñan detalles respecto diso, as dúas pezas atópanse, na actualidade, no Pazo de Meirás, propiedade dos herdeiros de Francisco Franco.

Modelo 3D

Vídeo

Privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e cumpre funcións como recoñecerte cando volvas visitar o noso sitio web e axudar ao noso equipo a coñecer que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.