Cabeza dunha estatua – columna

Imaxes

Descrición

Mestre Mateo e o seu taller. Ca. 1200. Granito

Esta peza foi achada a finais da década dos anos 80 do século XX nas obras dunha vivenda particular situada nos arredores da cidade de Santiago; alí fora reutilizada, nun momento indeterminado, como material construtivo, servindo para soster unha das vigas da casa. En 2016 a peza expúxose ao público por primeira vez e, despois, foi xenerosamente depositada, polo seu propietario, con carácter temporal, no Museo Catedral.
Forma parte, xunto a outras pezas, do conxunto escultórico procedente da fachada exterior do Pórtico da Gloria, desmontado en 1520 con motivo das obras de reforma da mesma. As esculturas foron retiradas e dispersadas, recuperándose só algunhas delas.
Esta delicada e fermosa cabeza, sen dúbida obra dun gran escultor da época, axústase en características ás estatuas – columna do Pórtico e presenta a particularidade de ser independente do corpo que a completaba.

Modelo 3D

Vídeo

Privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e cumpre funcións como recoñecerte cando volvas visitar o noso sitio web e axudar ao noso equipo a coñecer que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.