Descripción
Atr. Mestre Mateo e o seu taller. Ca. 1200. Granito. Colección particular
Figura de difícil identificación, tradicionalmente atribuíuse ao grupo de esculturas que formaron parte do conxunto escultórico da fachada exterior do Pórtico da Gloria e que se dispersaron tras a súa retirada da mesma cara ao ano 1520. Ten algunhas características que, en efecto, poderían enmarcala como unha das estatuas –c olumna dese conxunto, aínda que tamén presenta algunhas particularidades que a diferencian respecto ao resto de pezas.
Representa a un personaxe sedente, que cruza unha perna mostrando os seus borceguíes, que porta, coa súa man esquerda, velada polo manto, unha espada envainada e unha cartela vertical na dereita. A imaxe foi decapitada dificultando aínda máis a súa identificación.
En base aos seus atributos viuse, en relación co proxecto mateano, como unha posible representación de Fernando II de Galicia e León; e tamén, máis posiblemente, cun Rei Bíblico dentro do programa do portada.