Isaac

Descrición

Mestre Mateo e o seu taller. Ca. 1200. Granito

Cara a 1520, a fachada exterior do Pórtico da Gloria que, ata entón estaba permanentemente aberta, foi reformada para colocar unhas portas exteriores que obrigaron a retirar algúns elementos arquitectónicos e o conxunto escultórico que a integraba. Varias desas figuras chegaron aos nosos días tras vivir un curioso periplo que provocou a dispersión do conxunto.
Entre esas imaxes, atópase esta escultura, identificada como unha representación do profeta Isaac. Xunto á súa parella, que podería tratarse de Abraham, foron adquiridas no ano 1948 polo Concello de Santiago ao Conde de Ximonde, aínda que, na actualidade atópanse no Pazo de Meirás, na localidade coruñesa de Sada.
Ambas as esculturas, quizais fosen, orixinalmente, estatuas – columna; e poderían flanquear a porta lateral norte da fachada mateana, enlazando co programa do arco dese lado do Pórtico da Gloria e actuando como prefiguracións de Cristo.

Modelo 3D

Vídeo

Privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e cumpre funcións como recoñecerte cando volvas visitar o noso sitio web e axudar ao noso equipo a coñecer que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.