Profeta Elías
Descrición

Mestre Mateo e o seu taller. Ca. 1200. Granito
Esta placa en altorrelevo procede da desaparecida fachada exterior do Pórtico da Gloria, na que estaría situada nunha das súas xambas, facendo parella con outra peza que, como esta, consérvase tamén no Museo de Pontevedra e que foi identificada con Enoc; ambos os profetas, testemuñas do final dos tempos que ten a súa representación no tímpano do Pórtico da Gloria.
Como outras pezas procedentes da citada fachada e retiradas da mesma na reforma realizada en 1520, ambos os relevos tiveron un curioso periplo que lles levou á casa dos Ximonde en Vedra e, tras a súa exhibición, en 1909, no Colexio de San Clemente de Santiago, a ser depositadas en 1928 no Museo Catedral. Alí permaneceron ata pouco antes da súa adquisición, en 1956, polo Museo de Pontevedra, a cuxos fondos pertencen na actualidade.

Modelo 3D
Video
Fotos

Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.
Privacidad