Profeta Enoc
Descrición

Mestre Mateo e o seu taller. Ca. 1200. Granito
Como a súa parella, identificada como Elías, formaba parte do conxunto escultórico da fachada exterior do Pórtico da Gloria, do que foron retiradas na súa reforma do ano 1520. Ambas pertencen, na actualidade, ao Museo de Pontevedra, que as adquiriu ao Conde de Ximonde no ano 1956.
Ambas as imaxes portan báculos en tau e mostran posturas audaces que provocan o movemento do resto do corpo e, con iso, plegues nas roupaxes, as dúas conservan as aureolas tras as súas cabezas, visten túnica e manto e representan anciáns de poboadas barbas, nun dos casos de maior lonxitude e curiosamente trenzada rematando en punta sobre o peito. Os dous personaxes, situados en senllas xambas antecedendo o acceso ao Pórtico, actuarían, dentro do programa iconográfico desenvolvido polo Mestre Mateo, na súa calidade de hipotéticas testemuñas vivas do Xuízo Final.

Modelo 3D
Video
Fotos
Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.
Privacidad