Anxo con cartela

Imaxes

Descrición

Taller compostelán de influencia mateana. Primeira metade do S. XIII. Granito

A cerimonia de consagración da catedral, en 1211, serve tamén para establecer a conclusión do proxecto mateano que se iniciou cara a 1168.
Con todo, as obras habían de continuar no complexo catedralicio e delas íanse a encargar unha serie de artistas formados no taller do Mestre Mateo, expandindo o seu estilo por toda Galicia e desenvolvendo unha arte con personalidade propia que habería de pervivir no tempo. A un deses artistas de formación mateana cabe atribuír este busto dun anxo que desprega unha cartela en diagonal, unha obra cuxa localización orixinal descoñécese pero que estaría en relación cos diversos proxectos que se haberían de acometer, por aqueles anos, na catedral compostelá.

Modelo 3D

Privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e cumpre funcións como recoñecerte cando volvas visitar o noso sitio web e axudar ao noso equipo a coñecer que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.