Cabalos do cortexo dos Reis Magos

Imaxes

Descrición

Mestre Mateo e o seu obradoiro. Ca. 1200. Granito con restos de policromía

O acceso dos cóengos da catedral ao interior do coro, que ocupaba os primeiros tramos da nave central da catedral, realizábase a través da porta aberta na súa cabeceira, para o que era necesario atravesar, previamente a fachada do trascoro, presidida por un tímpano coa Adoración dos Magos que non se conservou. Nun dos seus laterais dispoñeríase, probablemente, un relevo coa Anunciación e, alén, se atoparía esta peza, recuperada nuns traballos arqueolóxicos realizados en 1978 no remate da escalinata do Obradoiro.
O elemento arquitectónico con forma de torreón rectangular que se atopa nun lateral, continúa a secuencia propia da crestería dos muros exteriores do coro, nos que alternaban figuras bíblicas e torres; do mesmo asómanse, escalonadamente, as cabezas de tres cabalos identificados co cortexo dos Reis Magos do tímpano

Modelo 3D

Vídeo

Privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e cumpre funcións como recoñecerte cando volvas visitar o noso sitio web e axudar ao noso equipo a coñecer que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.