Daniel e Isaías

Imaxes

Descrición

Mestre Mateo e o seu taller. Ca. 1200. Granito

Estas dúas figuras, identificadas cos profetas Daniel e Isaías e procedentes do coro pétreo do Mestre Mateo, atópanse situadas, actualmente, no nivel intermedio do primeiro tramo, ao lado esquerdo, da fachada da Porta Santa. Ambas ocuparan, orixinalmente, xunto a Ezequiel e Xeremías, o espazo reservado aos “profetas maiores”, no primeiro tramo da fachada ao lado norte do coro mateano.
A secuencia iniciaríase coa delicada imaxe de Isaías, tocado con gorro frixio, do mesmo xeito que o seu homónimo do Pórtico da Gloria; ten coidada barba, pernas cruzadas e rostro ladeado, leva a man dereita ao peito mentres que, coa esquerda, sostén sobre o seu xeonllo unha cartela vertical que cae ata o chan. En cuarto lugar, tras Isaías, Xeremías e Ezequiel, seguindo a orde canónica, atoparíase a imaxe de Daniel, igualmente tocado con gorro frixio, reservado no coro aos profetas maiores e cun rostro xuvenil.

Modelo 3D

Privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e cumpre funcións como recoñecerte cando volvas visitar o noso sitio web e axudar ao noso equipo a coñecer que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.