Doelas co castigo dos luxuriosos
Descrición

Mestre Mateo e o seu taller. Ca. 1200. Granito

Ambas as pezas deberon formar parte da primitiva fachada occidental da catedral, probablemente situadas no seu lado sur, en relación coa temática desenvolvida, inmediatamente a continuación, no Pórtico da Gloria. Serían retiradas da súa localización orixinal a partir de 1738, en que se comezou a construción da actual fachada barroca do Obradoiro.
Nos seus relevos represéntase, cunha finalidade exemplarizante para o espectador medieval, o castigo do pecado da luxuria. Nunha delas móstrase a un home espido, ao cal rodea unha serpe mordéndolle a entreperna, mentres outro réptil engole o seu pene. A outra representa a unha muller á que dúas serpes mórdenlle os peitos, á vez que outros animais castigan a súa cara e pernas.

Modelo 3D
Fotos
Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.
Privacidad