Habacuc e Xonás

Imaxes

Descrición

Mestre Mateo e o seu taller. Ca. 1200. Granito

Na parte inferior do segundo tramo ao lado dereito da fachada da Porta Santa, atópanse as esculturas identificadas cos profetas Habacuc e Xonás, procedentes do coro do Mestre Mateo.
Ambas as pezas iniciarían e finalizarían, respectivamente, o grupo de profetas menores do terceiro tramo da fachada norte do coro, xunto a Nahún e Miqueas. O primeiro, seguindo a ordenación da fachada, de dereita a esquerda, sería Xonás, ao que debeu engadírselle a súa cabeza actual a mediados do século XIX. Ten, como os seus compañeiros, unha actitude pensativa, apoiando a cabeza sobre a man dereita, á vez que suxeita un libro pechado apoiado sobre o colo. Pecharía o grupo deste tramo Habacuc, que se mostra tamén pensativo, coa mirada baixa, apoiándose sobre o libro que leva no colo e co “simlah” que cobre a súa cabeza sen anudar.

Modelo 3D

Privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e cumpre funcións como recoñecerte cando volvas visitar o noso sitio web e axudar ao noso equipo a coñecer que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.