Mes de Febreiro
Descrición

Mestre da Porta Francíxena. Ca. 1103-1110. Granito

Trátase dun dos relevos pertencentes á desaparecida Fachada do Paraíso da catedral que foron recuperados. Esta fachada, foi substituída nas décadas centrais do século XVIII pola actual da Azibechería e, a través dela, accedían á catedral os peregrinos en época medieval, por iso é polo que tamén recibiu o nome de Porta Francíxena. O seu programa iconográfico e decoración escultórica aparecen coidadosamente descritos no Códice Calixtino, facéndose alusión, entre outros elementos, a un conxunto de relevos que se atopaban sobre as portas ao lado esquerdo, nos que se representaban os meses do ano. Un deses relevos sería este, no que aparece un home quentándose xunto ao lume e que se correspondería co mes de febreiro.

Modelo 3D
Fotos
Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.
Privacidad