Muller con acios de uvas

Imaxes

Descrición

Mestre da Porta Francíxena. 1105-1112. Mármore

Este fragmento de relevo feminino, de longa melena rizada e que porta en cada man, xunto aos seus peitos senllos acios de uvas, procedería da fachada do Paraíso e podería ter correspondencia, por características e dimensións, coa imaxe de muller sentada, coas pernas cruzadas e un león no seu colo hoxe localizada na fachada de Praterías.
En canto á súa interpretación iconográfica, identificouse co mensario que había na referida fachada do Paraíso, correspondéndolle, neste caso, o mes de setembro; aínda que é máis probable que teña unha lectura de tipo cristolóxico en relación co citado relevo de Praterías.

Modelo 3D

Privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e cumpre funcións como recoñecerte cando volvas visitar o noso sitio web e axudar ao noso equipo a coñecer que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.