Rei David
Descrición

Mestre Mateo e o seu taller. Ca. 1200. Granito

Do mesmo xeito que a súa parella, a figura do rei Salomón, a estatua do rei David formaba parte do conxunto escultórico da fachada do Pórtico da Gloria; e ambas foron trasladadas no século XVII ao peitoril da loxia que remata a escalinata barroca do Obradoiro. No ano 2016 e, tras a súa restauración, as dúas pezas pasaron a exhibirse no Museo, preservadas da súa exposición á intemperie.
David aparece coroado e sentado nunha cadeira de tesoira cos extremos rematados en cabezas de leóns; coa súa man dereita toca unha rota, á vez que axusta a súa tensión coa chave da súa man esquerda.

Modelo 3D
Vídeo
Fotos

Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.
Privacidad