Busto relicario de Santa Paulina

Imaxes

Descrición

Santiago de Compostela, Jorge Cedeira, o vello, 1553. Prata, esmaltes e pedras preciosas.

O portugués Jorge Cedeira, o vello, deu inicio en Compostela, onde se asentou no ano 1542, a unha gran saga de prateiros que haberían de deixar pegada na cidade e na súa catedral. Entre os traballos que levou a cabo para a Igrexa de Santiago, atópase este relicario, que foi encargado polo Cabido no ano 1553, para acoller as reliquias de Santa Paulina, unha das santas mártires cuxos restos trouxera o Cardeal Gaspar de Ávalos tras o seu periplo por Italia e Alemaña como parte do séquito do rei Carlos I de España.

Vídeo

Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.
Privacidad