Descrición
Mestre Mateo e o seu taller. Ca. 1200. Granito
Pertencentes ao grupo de personaxes bíblicos que coroaban as fachadas do coro do Mestre Mateo e que foron reutilizadas na fachada da Porta Santa, actualmente, as imaxes identificadas con San Lucas e o profeta Axeo, atópanse situadas na parte superior do segundo tramo ao lado esquerdo da devandita fachada.
Orixinalmente, no coro mateano, San Lucas compartiría co resto de Evanxelistas o cuarto tramo da fachada ao lado sur. Represéntase co corpo e a cabeza ladeados, rostro de longa e ensortixada barba e pernas cruzadas. En actitude pensativa, apoia o seu brazo esquerdo sobre o libro que sostén no seu colo.
Pola súa banda, Axeo compartiría espazo, no último tramo da fachada norte, co grupo dos “últimos profetas”, xunto a Zacarías e Malaquías. Autodenominado “mensaxeiro do Señor”, destaca pola ampla cartela que desprega, sobre o seu peito, con ambas as mans.