Descrición
Obradoiro compostelán. Ca. 1240-1250. Granito
Trátase dunha peza que orixinalmente presidiu a portada principal da Igrexa de Santo Domingo de Bonaval, fundación dominica situada na entrada do Camiño de Santiago na cidade. No século XVII, en que se reformou o templo, a peza foi recolocada na Porta dos Carros, localización que acabou por darlle nome ao Tímpano, que en época contemporánea integrouse nos fondos do Museo Catedral.
Seguindo o relato dos Evanxeos e con forte sentido narrativo, represéntase o momento da entrada de Xesús en Xerusalén a lombos dunha burra e acompañado dos apóstolos.