Xeremías e Santiago o Maior
Descrición

Mestre Mateo e o seu taller. Ca. 1200. Granito

As imaxes do profeta Xeremías e de Santiago o Maior, realizadas polo taller do Mestre Mateo para o coro da catedral compostelá, atópanse actualmente no nivel intermedio do último tramo ao lado dereito da portada da Porta Santa.
A identificada como Xeremías formaba parte do grupo de profetas maiores do primeiro tramo da fachada norte do coro, acompañada de Isaías, Ezequiel e Daniel. Como eles, leva como distintivo da súa condición, o gorro frixio e viste ampla túnica.
Pola súa banda, a imaxe de Santiago estaría situada no primeiro tramo da fachada ao lado sur do coro, seguindo a mesma ordenación e personaxes do piar do mesmo lado do Pórtico da Gloria: Pedro, Paulo, Santiago e Xoán. Continuaría a secuencia de figuras sedentes do apóstolo Santiago iniciada polo Mestre Mateo no Pórtico e continuada na capela maior da catedral, sobre o sepulcro apostólico.

Modelo 3D
Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.
Privacidad