Descrición
Mestre Mateo e o seu taller. Ca. 1200. Granito
Trátase dunha das estatuas – columna que formaban parte da fachada exterior que completaba o programa iconográfico do Pórtico da Gloria. Esta peza foi recuperada en 2016 enterrada nun oco dunha das torres da fachada do Obradoiro e o seu achado tivo unha gran importancia para o coñecemento do conxunto escultórico de dita portada.
Pola súa disposición, pés descalzos, aureola e gran cartela horizontal que sostén coas súas mans, hoxe completamente borrada; e encaixe na mensaxe foi identificada con algún dos profetas menores que, probablemente, formarían parte da mensaxe precursora e anunciadora da fachada. Neste sentido, podería tratarse de Malaquías, Axeo, Zacarías ou Xonás.