Arco central da fachada
Descrición

Mestre Mateo e o seu taller. Ca. 1200. Granito
Entre os elementos arquitectónicos recuperados, en diferentes momentos, procedentes da fachada exterior do Pórtico da Gloria, atópanse unha serie de fragmentos que poderían corresponder ás arquivoltas que formaban o seu gran arco central. Varias desas pezas exhíbense no Museo Catedral na montaxe dunha reconstrución parcial hipotética do citado arco, que orixinalmente medía uns oito metros e abría o Pórtico da Gloria ao exterior.
A gran amplitude do referido arco provocou que no ano 1520 fose desmontado para poder colocar, no seu lugar, dúas portas que permitirían pechar un templo que, ata entón, permanecía aberto permanentemente. Con iso, o Pórtico da Gloria pasou a quedar encerrado tras esas portas e viuse mutilado, tanto no seu sentido espacial como no seu discurso, ao retirarse diversos elementos arquitectónicos e o conxunto escultórico da súa fachada.

Modelo 3D
Vídeo
Fotos
Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.
Privacidad