Figura de San Domingos de Guzmán
Descrición

Santiago de Compostela. Atr. Vicente Flamengo, Ca. 1425. Prata sobredourada, esmalte e pedras preciosas.

Os dous santos fundadores das ordes mendicantes, que tan importante papel ían ter na atención aos peregrinos e, en Compostela, cos seus respectivos conventos de San Francisco e San Domingos, este situado no lugar de Bonaval, xunto á entrada na cidade do Camiño de Santiago, son as pezas do conxunto procedente do oratorio de don Lope de Mendoza que se atribuíron ao prateiro Vicente Flamengo. Neste caso, a imaxe de San Domingos, que peregrinaría a Compostela no ano 1219, identifícase por claros atributos propios das súas representacións iconográficas: o hábito dominico, a estrela na fronte, a pluma na súa man dereita e a igrexa na esquerda.

Video
Fotos
Privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e cumpre funcións como recoñecerte cando volvas visitar o noso sitio web e axudar ao noso equipo a coñecer que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.