Santiago o Menor

Imaxes

Descrición

Obradoiro compostelán de influencia mateana. Ca. 1225. Granito con restos de policromía

O culto ao “outro Santiago” da catedral tivo importancia desde época xelmiriana, en que Urraca regalou ao arcebispo a reliquia da súa cabeza, que pasou a conservarse nunha arca de ouro. No século XIV, Berenguel de Landoria encargou un novo relicario que pasou a ser unha das pezas máis destacadas do Tesouro catedralicio.
En relación con este culto a Santiago o Menor, está esta peza que, durante séculos estivo colocada na Cripta do Pórtico da Gloria, ata que en data recente pasou ao Museo tras restaurarse.
Trátase dunha estilizada escultura policromada, de evidente influencia mateana e que lembra na súa concepción, ás estatuas – columna do Pórtico, aínda que, cunha clara evolución ao estilo gótico e diferente calidade escultórica. De marcada frontalidade, suxeita, coas súas mans, unha estreita cartela que cruza o seu peito, na que se le a inscrición “S. IACOBUS MINOR”

Modelo 3D

Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.
Privacidad