Busto relicario de Santa Florina

Imaxes

Descrición

Santiago de Compostela, Jorge Cedeira, o Mozo, 1594. Prata, prata sobredorada e esmaltes

O arcebispo compostelán Gaspar de Ávalos acompañou, no ano 1543, ao rei Carlos I na súa viaxe por Italia e Alemaña, aproveitando para facerse con importantes obxectos artísticos e reliquias, entre elas, as de Santa Florina, virxe e mártir. Anos despois, a catedral encargou ao prateiro Jorge Cedeira, o Mozo a execución deste Busto relicario, que foi reparado tras os danos sufridos no incendio da capela de Reliquias de 1921 polo compostelán Ricardo Martínez.

Vídeo

Privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e cumpre funcións como recoñecerte cando volvas visitar o noso sitio web e axudar ao noso equipo a coñecer que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.