Relicario de Santa Tareixa

Imaxes

Descrición

Madrid, Francisco Pecul, 1804. Prata sobredorada e na súa cor.

A pesar da polémica suscitada no século XVII, entre Santiago e Santa Tareixa, polo patroado de España, sempre houbo unha importante devoción á santa na catedral. Esta devoción acentuouse nos anos centrais do século XVIII, traendo consigo a fundación dun convento da orde carmelita na cidade e, despois, a chegada á catedral dunha reliquia de Santa Teresa para a cal, en 1804, encargouse unha figura ao prateiro compostelán, de orixe francesa e afincada en Madrid, Francisco Pecul. A reliquia, unha moa da santa, se garda no medallón ovalado que a figura leva no peito. Polo demais, é unha peza de gran movemento, representando un momento de inspiración de Santa Tareixa mentres se prepara para escribir sobre o libro aberto que leva na súa man esquerda.

Vídeo

Privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e cumpre funcións como recoñecerte cando volvas visitar o noso sitio web e axudar ao noso equipo a coñecer que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.