Santiago Peregrino

Imaxes

Descrición

Santiago de Compostela, Ricardo Martínez, 1890. Plata

No ano 1879 tivo lugar un acontecemento de especial relevancia para que o rexurdimento do fenómeno xacobeo: o redescubrimento dos restos de Santiago o Maior, ocultos na catedral desde 1589. Anos despois, en 1884, o Papa León XIII promulgou a Bula Deus Omnipotens aseverando que os restos achados eran realmente os de Santiago e animando a retomar as peregrinacións a Compostela. Todo iso conlevou a adecuación da Tumba Apostólica, que adquiriu a disposición que hoxe coñecemos, con acceso a unha cripta polos laterais do altar da catedral e, con tal motivo, o Cabido encargou ao prateiro compostelán Ricardo Martínez, que realizou numerosos traballos para a catedral, unha nova imaxe de Santiago. O autor levou de forma maxistral á prata, colocándoo sobre un alto plinto que lle achega gran maxestosidade, o modelo de Santiago peregrino que fixo Valadier para un dos candelabros barrocos da capela maior.

Vídeo

Privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e cumpre funcións como recoñecerte cando volvas visitar o noso sitio web e axudar ao noso equipo a coñecer que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.