Santiago Peregrino do Arcebispo Isorna
Descrición
Santiago de Compostela, Francesco Marino, Ca. 1445.
Prata sobredorada, pedras preciosas e esmaltes
Esta imaxe de devoción foi un encargo que realizou o arcebispo Álvaro Núñez de Isorna ao prateiro de orixe italiana, pero activo en Compostela, Francesco Marino, para a súa devoción particular. As armas do prelado son as que figuran na parte frontal da base hexagonal da peza, sobre a que se dispón a figura – relicario, pois no libro que leva a imaxe na súa man esquerda, tal e como se fai constar na súa cuberta, custódiase unha pequena reliquia téxtil de Santiago. Aínda que presenta algúns engadidos en substitución dos elementos orixinais, caso da gran coroa, do bordón coa cabaza e da esclavina, todos eles, elementos do século XVII; si demostra unha clara consolidación da imaxe de Santiago como peregrino e dos atributos que serán propios do modelo.