Santiago Peregrino de Iohannes Roucel

Imaxes

Descrición

París, Ca. 1400. Prata sobredorada e na súa cor, cobre sobredorado e esmaltes

No amplo basamento desta figura dáse conta da súa ofrenda de peregrinación por parte do cabaleiro francés Johannes Roucel (Jean de Roussay) e a súa esposa Johana, cuxas armas figuran nos escudos que flanquean ao texto. Ambos os personaxes ocuparon, na época, destacados postos na corte e peregrinarían a Compostela nos primeiros anos do século XV. Nesta imaxe, avanzouse na iconografía de Santiago como peregrino, incorporando, ao seu carácter apostólico, representado no libro ou na túnica longa, atributos propios da peregrinación, caso do bordón, a cabaza, o zurrón e as cunchas de vieira que poboan o ancho chapeu que viste a figura.

Vídeo

Privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e cumpre funcións como recoñecerte cando volvas visitar o noso sitio web e axudar ao noso equipo a coñecer que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.