Clave do arco central da fachada
Descrición

Mestre Mateo e o seu taller. Ca. 1200. Granito con restos de policromía

Entre os diversos fragmentos arquitectónicos, con decoración escultórica, atribuídos á desaparecida fachada exterior do Pórtico da Gloria, consérvanse varias pezas que procederían das tres arquivoltas que formaban o seu gran arco central, a través do cal o Pórtico se abría, maxestoso, ao exterior. Estes elementos serían retirados cara ao ano 1520, con ocasión da remodelación que sufriu a portada para poder colocar portas na mesma.
Unha das pezas recuperadas corresponderíase coa clave da arquivolta maior do arco e nela, como nas bóvedas da cripta, aparecen representados uns anxos astróforos, portando nas súas mans, respectivamente, o sol e a lúa: simbolizan, dentro do programa iconográfico que se desenvolve no conxunto do Pórtico da Gloria, o mundo terreal que necesita dos astros para iluminarse, fronte á Cidade de Deus na que a Luz é o Cordeiro.

Modelo 3D
Fotos
Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.
Privacidad