Descrición
Mestre Mateo e o seu taller. Ca. 1200. Granito
Entre os distintos elementos e fragmentos que se foron recuperando da fachada exterior do Pórtico da Gloria atópase un conxunto formado por cinco pezas, cada unha delas enmarcada por medio florón a cada lado, cun arco de medio punto no centro acubillando o busto dun anxo, de ás despregadas que, ou ben estende unha filacteria, ou xesticula cos seus brazos ou, tamén, leva un libro pechado entre as súas mans.
Estas pezas, que no Museo Catedral expóñense montadas a modo de secuencia, foron identificadas como parte do cornisamento que percorría, en horizontal, o nivel intermedio da fachada do Pórtico, sobre a portada da mesma.