Rei David

Descrición

Mestre da Porta Francíxena. Ca. 1100-1110. Granito

A delicada imaxe en relevo de David músico vencendo ao demo, hoxe situada no contraforte esquerdo da fachada de Praterías, forma parte do conxunto de pezas trasladadas, no seu día, desde a fachada do Paraíso; alí, xunto a outras lastras de similar formato e características, integraría un conxunto centrado en abordar, para o espectador medieval, a promesa da Redención que se desenvolvería en profundidade no programa de Praterías.
A peza, xunto con outras de similares características: rostros de carrillos inchados, coidado traballo anatómico e contrastado modelado nos panos, foi atribuída ao chamado Mestre da Porta Francíxena, quen tería programado e dirixido os traballos de construción desta fachada, pola que accedían á catedral os peregrinos.
A súa actual localización, calidade escultórica e bo estado de conservación converteron a esta peza nunha das iconas medievais da catedral compostelá.

Modelo 3D

Privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e cumpre funcións como recoñecerte cando volvas visitar o noso sitio web e axudar ao noso equipo a coñecer que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.