Rosetón da fachada do Pórtico da Gloria

Descrición

Mestre Mateo e o seu taller. Ca. 1200. Granito

A iluminación xogaba un papel crave na escenografía sacra creada polo Mestre Mateo na catedral compostelá. Para iso tiñan especial importancia os vans abertos na fachada exterior do Pórtico da Gloria, aberta na súa portada por un gran arco central e, sobre este, o rosetón de complexa tracería que tiña dúas réplicas sobre as portas laterais de menor tamaño. Estes rosetóns aprécianse no debuxo que fixo da fachada o cóengo José Vega y Verdugo cara a 1657 e foron suprimidos, co resto da fachada, cando se construíu a do Obradoiro no seu lugar. Entre outros motivos para estas obras atoparíase o mal estado de conservación e difícil mantemento deste rosetón central, que desde o século XVI tería vidreiras de cores.
A partir de diversos fragmentos recuperados, o Museo Catedral exhibe unha montaxe hipotética dun deses rosetóns, con decoración a base de cintas entrelazadas e estrelas.

Modelo 3D

Privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e cumpre funcións como recoñecerte cando volvas visitar o noso sitio web e axudar ao noso equipo a coñecer que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.