Virxe da Azucena

Imaxes

Descrición

Santiago de Compostela, Atr. Francesco Marino, primeiro terzo do século XV, prata sobredourada, esmaltes e pedras preciosas.
Unha das pezas do Tesouro compostelán atribuídas ao prateiro italiano Francesco Marino, que traballaría en Santiago para os arcebispos Lope de Mendoza e Núñez de Isorna e, tamén, neste caso, para o Cabido, que lle encargaría esta obra procesional dunha das devocións máis destacadas na catedral.
Ao longo da historia foi sumando distintos elementos, caso da cruz – relicario, no século XVI; as coroas actuais, no XVII; ou o actual ramo de azucenas, no XVIII. Tamén a pulseira modernista, da que pende unha moeda de ouro, que foi un agasallo do rei Afonso XIII. Finalmente, a súa peana, baseada na orixinal, foi realizada polo prateiro Ricardo Martínez tras os danos sufridos no incendio da capela de reliquias en 1921.

Vídeo

Privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e cumpre funcións como recoñecerte cando volvas visitar o noso sitio web e axudar ao noso equipo a coñecer que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.