Parteluz do Pórtico da Gloria

Imaxes

A restauración do Pórtico da Gloria foi posible grazas ao mecenado da Fundación Barrié

Descrición

Mestre Mateo e o seu taller. Ca. 1188. Granito e mármore

Na parte central do conxunto do Pórtico, sostendo o gran tímpano onde se representa a Gloria presidida por Cristo redentor do Home e triunfador sobre a morte, atópase o parteluz, formado por un groso piar dunha soa peza granítica e un feixe de columnas entre as que destaca a central, en mármore, na que se representa a Árbore de Xesé, isto é, a xenealoxía humana de Cristo. Pola súa banda, o capitel sobre a columna representa a Trindade, a natureza divina de Xesús.
Todo iso e asenta sobre un basamento no que se representa unha figura barbada montada sobre dous leóns, aos que abre as fauces; personaxe ao que se deron distintas identificacións: Sansón, Adán, Xilgamesh e que, posiblemente, teña que ver con Daniel na fosa dos leóns.
Por detrás, atópase, axeonllada, unha imaxe singular, o Santo dos croques, posible autorretrato do propio Mestre Mateo aos pés da súa obra mestra.

Modelo 3D

Vídeo

Privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e cumpre funcións como recoñecerte cando volvas visitar o noso sitio web e axudar ao noso equipo a coñecer que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.