Cruz das Perlas

Descrición

Atr. París, Ca. 1380-1400. Ouro e prata sobredourada, esmaltes, perlas e xemas.

Polas súas características estilísticas crese realizada nun taller parisiense nas últimas décadas do século XIV e a súa presenza no Tesouro compostelán corresponderíase cunha ofrenda de peregrinación pendente de identificar e, en todo caso, anterior ao ano 1426, en que xa aparece recollida nos inventarios. Posteriormente, nas primeiras décadas do século XVI sufriu algunhas modificacións, coa retirada dalgunhas pedras, que aparecen citadas nas descricións anteriores e a colocación doutras novas.

Vídeo

Privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e cumpre funcións como recoñecerte cando volvas visitar o noso sitio web e axudar ao noso equipo a coñecer que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.