Cruz dos Roleos

Imaxes

Descrición

Taller renano, Ca. 1065. Prata sobredourada e repuxada e alma de madeira de cedro

A decoración gravada na lámina de prata sobredourada, en forma de roleos en “ S” que percorren toda a peza, terminou por dar nome a esta cruz, coetánea, aproximadamente, do momento do inicio das obras da catedral románica e que se atribuíu a algún dos prestixiosos talleres renanos da época. É testemuño e exemplo da riqueza do Tesouro catedralicio medieval, decimado ao longo da historia por vicisitudes diversas.

Vídeo

Privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e cumpre funcións como recoñecerte cando volvas visitar o noso sitio web e axudar ao noso equipo a coñecer que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.