Cruz de Ordoño II

Imaxes

Descrición

León, Atr. taller renano activo nesa cidade. Ca. 1060
Ouro e alma de madeira de cedro.
Posiblemente trátase dunha ofrenda realizada, cara ao ano 1060, polos reis Fernando I e Sancha, aínda que, no seu día, creuse anterior e ofrenda de Ordoño II, de aí o nome polo que é coñecido este Lignum Crucis, que sufriu diversas transformacións ao longo da historia. Xunto coa Cruz dos Roleos e, quizais, a Cruz de Carboeiro, son unha pequena mostra da riqueza do Tesouro compostelán no momento en que se iniciaron as obras da catedral románica.

Vídeo

Privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e cumpre funcións como recoñecerte cando volvas visitar o noso sitio web e axudar ao noso equipo a coñecer que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.