Descrición
Santiago de Compostela, Antonio de Arfe, 1539-1545 e 1573. Prata sobredourada
Como outras catedrais españolas, en 1539, o Cabido encargou ao prestixioso taller valisoletano dos Arfe a realización dunha monumental custodia, para cuxa realización, desprazaríase a Compostela, o segundo dos irmáns, Antonio. Durante seis anos prolongouse a realización dunha peza que se habería de completar, tempo despois, en 1573, coa execución do seu pedestal e sagrario. Este tipo de custodia, inmersa no estilo plateresco, haberá de servir de modelo, desde entón, para outras moitas que se realizaron por toda España nesa época; e aínda mantén o seu uso procesional na festividade do Corpus Christi.
Fotos