Descrición
No primeiro tramo da fachada sur do coro do Mestre Mateo repetiríase a secuencia de personaxes do piar ao lado dereito da parte central do Pórtico da Gloria, formado polos apóstolos Pedro, Paulo, Santiago e Xoán. Con este último identificouse a peza actualmente exposta no Museo Catedral, tras o seu achado, en 1988, cando servía como material construtivo nun muro da chamada “buchería”, situada nos sotos do claustro catedralicio.
A peza apoiaría, en actitude pensativa, o seu queixo sobre a man esquerda, á vez que un libro pechado situado sobre o xeonllo serviría de apoio ao cóbado.
Presenta unha particularidade que lle dá un valor especial entre os restos recuperados do coro mateano, un relevo no seu reverso no que se aprecian as melenas e a cola dun león que coinciden, en forma e dimensións, cos leóns representados no Pórtico da Gloria, mostrando unha reutilización anterior dentro do taller.
Modelo 3D
Video
Fotos
Información
Promove: Fundación Catedral de Santiago
Colabora: S. A. de Xestión do Plan Xacobeo – Xunta de Galicia
Dirección proxecto: Ramón Yzquierdo Peiró
Dixitalización e tratamento imaxes: Margen / Elipseeg.com
Deseño Gráfico: La Cosa Gráfica
Contacto
Fundación Catedral de Santiago
Casa do Deán, Rúa do Vilar, 1
15705 Santiago de Compostela · (España)
T.: +34 981 569 327
museo@catedraldesantiago.es
Prohibida a reproducción parcial ou total dos contidos deste sitio web sen a autorización da Fundación Catedral de Santiago.
Todos os dereitos reservados.