Fustes entorchados

Descrición

Mestre das columnas entorchadas, 1103-1110. Mármore

Na detallada descrición que, da fachada do Paraíso, realiza o Códice Calixtino, detense nas columnas que flanqueaban ambas as portas, pezas ás que pertencerían os catro fustes case completos e outros dous fragmentos que se conservan no Museo Catedral e que, cos seus relevos dispostos en helicoidal, evocan pezas romanas que Xelmírez tivera ocasión de apreciar in situ pouco tempo antes. Nos devanditos relevos desenvólvese un programa iconográfico que parece ter certa unidade en cinco das pezas, e que varía nun deles, onde se presentan escenas de carácter épico.

Privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e cumpre funcións como recoñecerte cando volvas visitar o noso sitio web e axudar ao noso equipo a coñecer que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.