Anunciación
Descrición

Coimbra, Atr. Mestre Pero, Ca. 1325. Calcaria policromada

Este conxunto formou parte de senllos altares situados no trascoro, onde permaneceron ata mediados do século XIX en que a Virxe foi substituída pola da Anunciación do gremio dos tecedores. Tempo despois, volveron reunirse no Museo Catedral, onde se expoñen actualmente.
Trátase dun tipo iconográfico que adquiriu particular desenvolvemento na época a través dos talleres conimbricenses e, sobre a súa chegada á catedral hai diversas teorías, entre elas, a que a relaciona co grupo de ofrendas realizado en 1325 por Santa Isabel de Portugal na súa primeira peregrinación a Compostela tras a morte do seu esposo. Mesmo, un estudo afirma que a imaxe de María sería, en realidade, un retrato da propia Rainha Santa.

Fotos

Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.
Privacidad