Cáliz do Arcebispo Monroy

Imaxes

Descrición

Roma, Ca. 1685. Prata sobredourada
Un dos vasos sacros máis destacados do Tesouro catedralicio é o chamado Cáliz do Arcebispo Monroy, cuxas armas aparecen nunha lámina de prata engadida con posterioridade á realización desta peza, de probable factura nalgún dos talleres activos en Roma para atender ás demandas da xerarquía eclesiástica da época. Por iso, é posible que esta peza fose adquirida en Roma polo propio prelado ou que, mesmo, se trate dun agasallo persoal recibido na mesma cidade con ocasión da súa investidura como Arcebispo de Santiago, que tivo lugar en 1685.
O cáliz responde o gusto barroco da época, con profusa decoración vexetal e figurada, de tipo alegórico, a xogo co estilo que se impoñerá nas importantes actuacións que levarán a cabo, na catedral compostelá, durante o episcopado deste frade dominico de orixe mexicana, un dos máis destacados mecenas artísticos na historia da catedral.

Vídeo

Privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e cumpre funcións como recoñecerte cando volvas visitar o noso sitio web e axudar ao noso equipo a coñecer que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.