Cáliz do Chantre Gondar

Imaxes

Descrición

Salamanca, Ignacio Montero, Ca. 1753. Ouro fundido e cincelado
Trátase dun cáliz rococó, con abundante decoración na que se combinan motivos xacobeos con simboloxía eucarística, elementos alegóricos e vexetais. Debe o seu nome ao cóengo Andrés de Gondar, que ocupou o cargo de Chantre e que foi un dos máis destacados representantes do cabido ilustrado da época. Así mesmo, este cóengo tivo un papel destacado como mecenas e amante das artes, dotando á catedral de importantes doazóns, entre as que se atopa esta peza, de factura salmantina, aínda que probable deseño compostelán, regalada, como consta na inscrición da súa base, no ano 1753.

Vídeo

Privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e cumpre funcións como recoñecerte cando volvas visitar o noso sitio web e axudar ao noso equipo a coñecer que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.