Santiago Peregrino

Descrición

Santiago de Compostela, Enrique Mayer, 1919. Acibeche e prata.
Esta delicada imaxe de Santiago peregrino reproduce en acibeche a escultura pétrea recolocada, xunto a outras imaxes, no primeiro corpo da Torre do Reloxo e, posiblemente, se trate dunha ofrenda ao Apóstolo.
Está datada no ano 1919 e asinada por Enrique Mayer, fillo dun mestre reloxero de orixe austríaca afincado en Compostela, quen deu orixe a unha saga de acibecheiros e prateiros que chegou aos nosos días e que, xunto a outras familias recuperaron, da man do referido Enrique Mayer, esta importante tradición compostelá, da que esta peza é un bo exemplo.

Vídeo

Privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e cumpre funcións como recoñecerte cando volvas visitar o noso sitio web e axudar ao noso equipo a coñecer que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.