Novas

Conclúe a reordenación museográfica do espazo do Panteón Real

Conclúe a reordenación museográfica do espazo do Panteón Real

A Fundación Catedral de Santiago acaba de rematar os traballos de reordenación museográfica do espazo sacro formado pola capela das Reliquias e Panteón Real. En concreto, a Fundación Catedral, a través da Casa da Fábrica, realizou o proxecto de reordenación museolóxica e museográfica, que permitiu renovar a cartelería e outros elementos expositivos, e instalou un novo sistema de iluminación. De maneira paralela, e grazas á colaboración da Deputación da Coruña, a través dos seus premios sobre o Reino Medieval de Galicia, púxose en marcha un proxecto de posta en valor e difusión do Panteón Real.

Máis información

Web do Panteón Real Compostelán

Privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e cumpre funcións como recoñecerte cando volvas visitar o noso sitio web e axudar ao noso equipo a coñecer que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.