
Ficha técnica
Autor: Anónimo hispano-flamengo
Cronoloxía: Finais do século XV
Xénero/temas: Ciclo anxélico
Material: Pintura ao fresco
Dimensións: 100 x 120 x 25 cm
Firma:
Restauración:
Localización: Museo Catedral
Procedencia: Torre do Arcebispo Gómez Manrique
Doante/persoas vinculadas: D. Gómez Manrique
Descrición
Está composta por tres fragmentos triangulares que representan un anxo músico, apoiado no xeonllo dereito, tocando un órgano portátil que sostén coa perna esquerda. Disponse sobre un fondo vermello, ante o que destacan as súas ás e a túnica con pregos quebrados e de tons grises, así coma o cabelo e o instrumento, que inclúen tons marróns e dourados.
Proceden da torre construída a mediados do século XIV polo arcebispo Gómez Manrique, e foron atopados nas escavacións do ano 1984 baixo a capela de San Fernando, na panda norte do claustro renacentista.
Exposicións
- Santiago, la Esperanza. Santiago de Compostela, 27 de maio – 31 de decembro, 1999.
Bibliografía
- Carrero Santamaría, E.: “La capilla de los arzobispos, el tesoro y la torre de don Gómez Manrique en la Catedral de Santiago de Compsotela”, en Anuario de departamento de historia y teoría del arte Universidad Autónoma de Madrid, Vols. IX-X, 1997-1998. Pp. 35-48.
- López Ferreiro, A.: Galicia en el último tercio del siglo XV. Santiago, 1968.
- Monterroso Montero, J. M.: Informe histórico previo. Murales de la Torre de Don Gómez Manrique y la Capilla de San Fernando, Museo Catedral, Santiago, 2005.
- Monterroso Montero, J.M. y Fernández Castiñeiras, E.: A pintura mural nas catedrais galegas. Séculos XVI-XVIII. Santiago, 2006.
- Yzquierdo Perrín R.: “Aproximación al estudio del claustro medieval de la Catedral de Santiago”, en Boletín del Seminario de estudios Fontán Sarmiento, nº10, 1989. Pp. 15-43.
- Yzquierdo Peiró, R.: Los tesoros de la catedral de Santiago, 2017. P. 219.